Dado que o día oficial da ruta de Baio andábamos por outras terras, quixemos hoxe facela e a boa fe que non defradou. Levamos de sherpa a un aborixen de Cabana que cumpliu o papel de lebre como si quixera chegar de volta a hora da misa e así nos levou bailando na punta do pe toda a mañá. A ruta é dura e hai que ter fondo de armario para aguantar as ramponas que puxeron, iso si, o sufrimento olvídase coas vistas de postal o paraiso dende o banco dos Picotiños (extra fora da ruta oficial) e logo co pedazo de chuletón para recuperar hidratos de carbono...