Nova ruta dos Biciclistas Galegos en terras lucenses, desta vez cun maratón de 92 qm emulando as revoltas irmandiñas e unindo dúas vilas istóricas: Vilalba e Mondoñedo. E coma se dunha guerra sen tregua fora, saímos a fume de carozo e ese ritmo non decaeu en todo o día. Deste xeito, entre a quilomentrada, as rampas tras chegar a Mondoñedo e encaramar o Xistral e, como xa dixen, o ritmo de batalla, supuxo un bo test e mostra de que o personal non se durme nin nos loureiros nin no sofá da casa e aquí, o que di que non entrena nada, minte coma un bellaco. Coma sempre os avituallamentos e a grupeta foi do mellor, entre charlas e risas as penas ou as uves son máis pequenas. Noraboa pola organización e grazas de novo pola acollida na Terra Cha.